top of page

CASA DA CULTURA TOMIÑO

Lugar:

Tomiño

​

Arquitectos:

Jorge Enríquez

Adrián Pinaque

​

Infografías:

Carlos Comendador

​

Fecha:

2026

Sobre el proyecto

O proxecto modificado da Casa da Cultura é resultado de saber parar a tempo e reflexionar. O feito de dubidar por parte do Concello de si era preciso ocultar a pedra das fachadas cun SATE, propiciou unha análise máis profunda e unha auditoría do proxecto que conlevou valorar a preservación da estrutura de madeira da cuberta e evitar a súa demolición.

​

Acadouse a conservación da estrutura existente e da pedra vista na fachada resolvendo o illamento polo interior da edificación, permitindo así a posta en valor do patrimonio construido.

​

Estes axustes permitiron reinvertir dun modo máis eficiente o orzamento. Acádase un equipamento accesible, perfeccionase o confort térmico, mellórase a acústica da sala, instálase unha nova iluminación e sistema de control da escea e recuperase e ponse en valor elementos existentes como o anfiteatro, os óculos laterais e o pavimento e molduras do vestíbulo.

​

Gracias á sensibilidade dende o concello de dubidar das solucións propostas no proxecto orixinal, a Casa da Cultura consegue manter a súa esencia e conservar o seu patrimonio, convirtíndose nunha edificación accesible, eficiente e funcional.

  • Gris Facebook Icono
  • Gris Icono de Instagram

Arqxé arquitectos /// Estudio de arquitectura, urbanismo y diseño /// Rúa Foxo 14  /// Tui /// Pontevedra /// jorge@arqxe.com

bottom of page